martes, 17 de noviembre de 2015

LORENA ESCRIBE...





A min gústame moito o outono. Cando vou á aldea

sempre me gusta pasear polos arredores. Encántame ver como as follas das árbores son abaneadas polo vento mentres van cambiando a súa cor verde escura por unha marrón pálida e despois quedan completamente núas.

Gústame moito ver como a herba, despois de tantas choivas, cambia a súa cor amarela por unha verde intensa que lle dá moita vida aos nosos montes.

Esta época é marabillosa porque comezan a caer as castañas nos soutos de castiñeiros e teño que axudar a collelas. É bastante divertido aínda que de vez en cando te pique un ourizo.

É moi divertido saír en busca de ricos cogomelos!

Que bonito é o outono!







Lorena Rodríguez 1º ESO D

AS PERSOAS ESPECIAIS NAS NOSAS VIDAS 2º B

TEXTO IRIA

TEXTOS MIGUEL 1º ESO D

domingo, 25 de octubre de 2015

SENSACIÓNS (Naiara)

SENSACIÓNS...

    Cando estou soa nun espazo natural sinto unha inmensa paz. O son do vento e o cantar dos paxaros fan que me relaxe de tal maneira que non necesito pensar en nada.
    Observando os animaliños e vendo a vida tan sinxela que levan sendo felices, faime pensar o complicado que é o ser humano, xa que, eles non necesitan diñeiro nin bens materiais e confórmane co que obteñen da propia natureza.
    Unha das cousas que máis me gusta facer  en pleno verán, durante a sesta, cando vai máis calor, é deitarme á sombra á beira dun regato e observar as follas das árbores que se moven tranquilamente e ver as raiolas do sol que se introducen entre elas. Gozo ao sentir o movemento da auga cando baixa polo regato.
     A min encántame a natureza!


Naiara Rodríguez Rojas



           
O BATER DAS ONDAS


Ai! Canto arelo volver a estar naquelas noites de verán nas que estaba na miña
casa da praia escoitando o bater das ondas! Ese son para min é inigualable. Síntome
como un mariñeiro que  vai quedando durmido no medio do inmenso océano cunha
sintonía tan agradable que me fai deixar de pensar neses problemas que teño e que
non me deixan tranquilo. Ai! Se o tivera todos os días creo que nunca estaría de mal
humor! Sei tamén que nunca me cansaría nin de escoitar ese fermoso son nin de
ver o mar porque cando o miro, ademais de velo cunha cor azul engaiolante, sempre
hai algún barquiño que o decora.
De feito se pecho os ollos escoito ese lene e monótono son.





Ángel Rodicio
López
Imágenes integradas 1

TEMPO (texto de Alberto)


Escrito con sinceridade e pulso firme...   Grazas Alberto!

ALBERTO E SARA ESCRIBEN CON LUCIDEZ

Quero darlle as grazas a Sara e Alberto por permitir que leamos os seus textos. Valoro a súa valentía e  sei que  percibiredes o impresionantes que son. Están cheos de verdade e sabedoría, escritos con lucidez e sei que van quedar nos nosos corazóns impulsándonos a vivir con dignidade e sen medo.
Os dous falan do mesmo, falan de recordar quen somos e de vivir respectándonos. Parece evidente, pero todo o que nos rodea instala en nós a inconsciencia e vivimos nunha gran mentira.
Eles falan da importancia de evolucionar, de  ser conscientes e de deixar as máscaras para acadar a liberdade.




sábado, 24 de octubre de 2015

RECEITAS DE CHUVIA E AZUCRE

Este libro de receitas é moi orixinal, serve para comer a vida a culleradas, para adozar as emocións que nos acompañan cada día e para aprender a controlalas coa imaxinación como ingrediente imprescindible. Contén receitas sobre moitos sentimentos: o cariño, o  medo, a ledicia, a empatía…...

Permitiranos reflexionar sobre como nos sentimos, coñecernos, preguntarnos sobre as nosas experiencias e evolucionar para camiñar cara á felicidade.







lunes, 5 de octubre de 2015

POESÍA DE LAURA 2º ESO D



Por que eses risos falsos que sinto? 
Por que son inferior ós demais?
Por que non son popular?
Por que todos os días chego chorando á casa?
Por que sempre hai murmurios que me fan dano?
Penso que son igual  cós demais.
Penso que son como son e que ninguén me vai cambiar.
Ás veces a xente fai que te sintas mal, pero pensas: 
Teño unha familia que me quere, teño uns amigos que me fan sentir ben...
Con esforzo acabarei derrotando todo o negativo.
Non deixarei que ninguén me produza dor .




Grazas, Laura, por escribir voluntariamente dende o comezo do curso, grazas por expresarte.

domingo, 27 de septiembre de 2015

domingo, 13 de septiembre de 2015

UN AMOR DE BOTÓN



 É un conto que me regalaron os alumnos e alumnas da miña titoría ao rematar o curso. Quero que o leamos e que tenda fíos de creatividade para facer libros-botón ou tarxetas-botón cheos de amor e positividade.

MAMMA MÍA EN GALEGO, TABOADA CHIVITE

Comezamos o curso vendo as actuacións do musical. Leremos as letras das cancións e quizais cantemos.

sábado, 30 de mayo de 2015

O ABECEDARIO

A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de publicar o libro do abecedario que vai acompañado dunha canción de Magín Blanco. Máis información na páxina da Mesa (hai dúas versións da canción, enteira e só a segunda parte coas letras) Neste proxecto colaborou Mónica Pazos, profesora e amiga. Moitas grazas Mónica.

miércoles, 20 de mayo de 2015

RIMSHA FÁLANOS DA SÚA VIDA

Na materia de PRIN a alumna Rimsha, de 1º ESO D estivo falándolles ós seus compañeiros e á profesora Fátima da súa vida e das súas expectativas.

POEMA NOA

Con este poema Noa acadou o 3º premio de poesía.Un poema marabilloso porque está escrito dende a verdade. Parabéns Noa!

domingo, 3 de mayo de 2015

A VIDA (Claudia 2º ESO)

A VIDA



Abres os ollos e dáste conta de que na vida real non existen os mozos perfectos, que ninguén cruzaría o mundo para bicarte cando o precises, que as historias de amor con finais felices só existen nos libros, que as persoas non son sinceras, que a felicidade é efémera, que importa máis un erro que dez acertos, que nada é para sempre... Que a vida non é fácil.
Creciches, e as cousas cambiaron, xa non son todo soños, senón experiencias. Aproveita que estás na idade de crear recordos e de vivir os momentos que farán de ti a persoa na que te converterás.
Así que namórate, comparte o que sentes, encontra o que buscas, segue os teus soños, perde a cabeza, loita polo que cres, ri, chora, fai loucuras, comete erros e aprende deles, pelexa, perdoa, goza ó límite, medra, vive … Porque diso está feita a vida: de historias, de recordos, de momentos … De vida
E así, cando te canses de todo iso pensarás no pasado cun sorriso e estarás orgullosa de aproveitar cada segundo da túa marabillosa existencia.


Claudia 2º B


POESÍAS 1º-2º (14-15)

A SOIDADE

A SOIDADE


Que é a soidade? Moi boa pregunta, hai persoas que descoñecen o significado, en cambio hai outras que o saben, de feito sínteno. Hai persoas que se senten soas, que non teñen esas persoas ás que contarlles os segredos, coas que sacarse fotos con mil faces diferentes, coas que ir tomar algo ou ir ó cine. Non teñen amigos con quen compartir risos e choros. Por así dicilo, senten que non teñen unha segunda familia, senten que non contan con ninguén.
 Toman a peito o que lle di a xente vulgar, que as critica sen coñecelas. E así, pouco a pouco, vanse sentindo soas e encerrándose en si mesmas, e o único que necesitan é ter alguén que de vez en cando lles dea unha aperta, e as saque dese pozo do que pensaban que non ían saír nunca, pero grazas a esas persoas que teñen empatía e as aprecían, serán capaces de ser fortes e saír desa situación.



Laura Guerra Santamarina

2º ESO B

TEXTOS NOA

POESÍAS 1º- 2º ESO CURSO(13-14)

TEXTO ALBERTO 4º ESO

POEMAS LETRAS GALEGAS

Resultaron premiados os poemas de Katia, Enrique e Mónica, parabéns para todos.

lunes, 20 de abril de 2015

EDUARDO GALEANO, IN MEMORIAM



Sueñan las pulgas con comprarse un perro y sueñan los na-
dies con salir de pobres, que algún mágico día llueva de pronto
la buena suerte, que llueva a cántaros la buena suerte; pero la
buena suerte no llueve ayer, ni hoy, ni mañana, ni nunca, ni en
lloviznita cae del cielo la buena suerte, por mucho que los na-
dies la llamen y aunque les pique la mano izquierda, o se le-
vanten con el pie derecho, o empiecen el año cambiando de
escoba.
Los nadies: los hijos de nadie, los dueños de nada.
Los nadies: los ningunos, los ninguneados, corriendo la
Liebre, muriendo la vida, jodidos, rejodidos:
Que no son, aunque sean.
Que no hablan idiomas, sino dialectos.
Que no hacen arte, sino artesanía.
Que no practican cultura, sino folklore.
Que no son seres humanos, sino recursos humanos.
Que no tienen cara, sino brazos.
Que no tienen nombre, sino número.
Que no figuran en la historia universal, sino en la crónica
Roja de la prensa local.

Los nadies, que cuestan menos que la bala que los mata.

Ata sempre, sabio.
Premede AQUÍ

Estrela do norte


A COR DO SILENCIO

¿Onde está a man dun norte,
e un misto na negra sombra?

¿Cando manda a fe nun home,
e no medo as ás de aurora?

¿Que ispe a flor do misterio?

¿Cal é a cor do silencio?

A HORTA DA CASA DOS VALADOS
                                       Me in place and the place in me
                                                           SEAMUS HENAY


Este ermo dun tempo, na ladeira dun monte
sen máis nome ca monte

Este eido coutado nos bordos de fronteiras
contra a lei das fronteiras.

O pobrísimo herdo do bisavó tan pobre
que non tivo outras terras.

A suma de valados alzados con cachotes
e paciencia de monxe.

Socalcos que aquel home cavou por vez primeira
cunha cuncha de vieira.

A bouza desermada na ladeira do monte.
¡ E tantas primaveras!
.................................................................

Do poemario Estrela do norte, de Luis Rei Núñez. Premede AQUÍ, AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ

LEVIATÁN (Ramón Trigo)


Preme AQUÍ e AQUÍ.

sábado, 21 de marzo de 2015

UN AGASALLO MARABILLOSO

Hoxe recibín unha mensaxe de Belén, alumna e amiga, que me chegou ao corazón e me anima a seguir con ilusión sabendo que sigo compartindo e que seguirei... Grazas Belén por recoñecerme. Encántame o vídeo, está cheo de beleza, sensibilidade e amor pola educación.

viernes, 30 de enero de 2015

TEXTO ANA, TEXTO DA PAZ

PAZ.

É repugnante, sumamente repugnante, cando un ve as bágoas ó outro lado da pantalla da televisión e non sente nada; probablemente ninguén sinta nada. Só un baleiro, un espazo insalvable, un galimatías de sons, de recordos… de nada. Un quero pero non podo instálase, esténdese polo noso peito, roza cada terminación nerviosa sumíndoa no máis completo silencio. E é aí, cando un non sente, non escoita, non pensa. E é aí cando un só se guía polos ideais, polo que cre xusto, neste gran xogo de xadrez, no que, aínda que non o saibamos, non somos máis ca peóns. Un non comprende o que fan, declaran a guerra contra os seus irmáns, contra todos aqueles que nos queren, que algunha vez loitaron para protexernos deste mutismo, pero que acabaron por perder a batalla, aínda que non a guerra.

Pode que esteas a pensar que isto non ten sentido, que ti non fixeches nada para merecer esta dose de verdade, que nunca empuñaches unha arma contra ninguén, que só viviches tal e coma o fixeron os demais, e que ti, por descontado, non es o malo da historia. Pero queiras ou non, es responsable, ti e todos os demais que aínda non tirastes as armas, que aínda utilizades a vosa voz, as vosas mans, o voso corazón, para danar. A todos aqueles que clamades por un mundo xusto, pacífico, de sorrisos enormes (deses que ensinan os dentes), e no que un non tema darlle a man ó seu compañeiro por medo ó que os demais poidamos pensar. A todos vós, dígovos que así, non esperedes a paz, se sodes vós os primeiros que non a dades.







Ana Manso Fernández, 3º ESO C. 

lunes, 26 de enero de 2015

POESÍA CRISTINA SALGADO

As palabras son boas, pero non son
o mellor.
O mellor non se revela con palabras.
Palabras que dis, que berras.
E que te afogan.
Mellor silencios.
Silencios máis reveladores que poemas.
Aloumiños que recollen bágoas.
Auga que ruxe na túa alma.
Vento que oulea.
Ás de plumas negras pintadas
de cores.
Tinta correndo en vea.
Poque as palabras non din nada.
Mellor ver palabras que crelas.
Memorias.
Teas de paixón.



O NOSO KUMBARIKIRA

Xa está rematado o vídeo do noso Kumbarikira. Dámoslles as grazas a Isabel e Javier polo traballo e interese que puxeron.