jueves, 27 de noviembre de 2014

O MEU LUGAR, ENRIQUE 2º B

Hai un sitio onde me gusta vivir. Alí todo é moi distinto porque a primavera é moi bonita. Os meus amigos e mais eu xogamos ao fútbol na herba fresca. As árbores sempre fan un son moi forte coma lóstregos. Dan moito medo.
Ás veces gústanos sentarnos ao lado das árbores para sentilas.


A NOSA TEA DA IGUALDADE

Iniciamos a tea no club de lectura lendo poemas dentro do proxecto de Poemas do río.O fío percorreu diferentes mans, estiveron coma sempre Laude e Lucía coa súa xenerosidade.

  No corazón da tea da igualdade as palabras conmovedoras de Rimsha, Loitadora pola liberdade:


 "Hai que estudar para ser libres na vida"



lunes, 17 de noviembre de 2014

KUMBARIKIRA





Os nenos de Santa Rita de Castilla, capital da zona de Parinari, no distrito de Loreto, en Perú, piden ó presidente do seu país que non se siga a contaminar o seu río, o Marañón, que sofre verquidos de petróleo de compañías que operan a carón del e estragan o medio ambiente nesa zona da amazonía peruana.
Este é o enlace ó blog Santa Rita de Castilla, onde se fala do verquido de petróleo nese territorio, onde vive o grupo indígena Kukama:


Este grupo indíxena ten como lingua propia o Kukama, una lingua con cada vez menos falantes.  O uso do kukama, para que non se perda, é reivindicado neste vídeo:


Queremos achegarmos ós nenos e nenas kukama e apoialos nas súas loitas (medioambiental e lingüística) Por iso imos gravar un vídeo no que, como eles, rapeamos na nosa lingua propia e ademais cantamos o estribillo en Kukama que eles empregan na súa canción (Kumbarikira).


Participa alumnado de 1º, 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato.

Como anticipo, podedes escoitar os nenos de 1º ESO A nun ensaio cantando e rapeando a súa parte, ler as  letras de todos os grupos e escoitar os alumnos de 1º Bach coa materia de música tocando o estribillo con xilófonos e metalófonos.
  
Estrofas 1º ESO A:



Xilófonos e metalófonos 1º Bacharelato:



A continuación podedes  ler información que nos mandan dende Perú;
A ESCOLA IKUARI: PARA A RECOPILACION DE MEMORIAS E A  ENSINANZA DA LINGUA KUKAMA.

Se é difícil establecer o número de persoas kukama, o grao de dificultade non diminúe ó tratar de saber cantas persoas falan kukama. Por ser un idioma minoritario en Perú e por pertencer a un grupo indíxena ten que enfrentar o estigma da discriminación. Por iso segue a ser no extenso territorio da amazonía un idioma falado en segredo, situación que a proposta comunicacional de Radio UCAMARA dende  a Escola IKUARI e o Colexio Nuestra Señora de Loreto intenta axudar a superar  principalmente no Distrito de Nauta. Nos últimos anos houbo unha revalorización importante e xa existen algúns colectivos que non teñen medo nin vergoña de falalo en público. Gran parte da memoria dos nosos pobos recupérase coa visibilización da lingua. A viabilidade do kukama dependerá en grande medida de se as novas xeracións se interesan por el.

A escola IKUARI abriuse en agosto de 2012. Realiza as súas actividades de ensino da lingua Kukama en dúas modalidades: canto e narración. As persoas que ensinan nesta escola non convencional son os propios falantes de kuakama, que tamén participan na radio con dous programas exclusivamente en lingua Kukama “Kukamakana katupi” (Os Kukama aparecen). Neles recóllense memorias sobre a  vida dos Kukama que despois son empregadas nas clases. Produto desta experiencia é o vídeoclip KUMBARIKIRA (con forte impacto a nivel nacional) e o que estamos a lanzar, UPUPURIKA

viernes, 14 de noviembre de 2014

Sesión do club de lectura: 25 Novembro - Poemas do Río

Falamos dos Poemas do Río de Cristina Corral Soilán e invitamos os nosos alumnos e alumnas a escribir os seus e a descubrir poetisas galegas (como ocorre na obra teatral de Cristina Corral). Lemos os poemas creados por Noa, de 4º ESO e os de Cristina, Laura, Omaima, Rimsha, Nohaila, Ashley  e Ana María (quen tamén compartiu conosco poemas en romanés), todas elas de 1º ESO. Ademais Román e Cristina Salgado seleccionaron os seus poemas favoritos do último libro de Carlos Negro, Penúltimas tendencias, que fala da dignidade das mulleres e fai unha crítica dos valores que transmite a sociedade.