domingo, 25 de octubre de 2015

SENSACIÓNS (Naiara)

SENSACIÓNS...

    Cando estou soa nun espazo natural sinto unha inmensa paz. O son do vento e o cantar dos paxaros fan que me relaxe de tal maneira que non necesito pensar en nada.
    Observando os animaliños e vendo a vida tan sinxela que levan sendo felices, faime pensar o complicado que é o ser humano, xa que, eles non necesitan diñeiro nin bens materiais e confórmane co que obteñen da propia natureza.
    Unha das cousas que máis me gusta facer  en pleno verán, durante a sesta, cando vai máis calor, é deitarme á sombra á beira dun regato e observar as follas das árbores que se moven tranquilamente e ver as raiolas do sol que se introducen entre elas. Gozo ao sentir o movemento da auga cando baixa polo regato.
     A min encántame a natureza!


Naiara Rodríguez Rojas



           
O BATER DAS ONDAS


Ai! Canto arelo volver a estar naquelas noites de verán nas que estaba na miña
casa da praia escoitando o bater das ondas! Ese son para min é inigualable. Síntome
como un mariñeiro que  vai quedando durmido no medio do inmenso océano cunha
sintonía tan agradable que me fai deixar de pensar neses problemas que teño e que
non me deixan tranquilo. Ai! Se o tivera todos os días creo que nunca estaría de mal
humor! Sei tamén que nunca me cansaría nin de escoitar ese fermoso son nin de
ver o mar porque cando o miro, ademais de velo cunha cor azul engaiolante, sempre
hai algún barquiño que o decora.
De feito se pecho os ollos escoito ese lene e monótono son.





Ángel Rodicio
López
Imágenes integradas 1

TEMPO (texto de Alberto)


Escrito con sinceridade e pulso firme...   Grazas Alberto!

ALBERTO E SARA ESCRIBEN CON LUCIDEZ

Quero darlle as grazas a Sara e Alberto por permitir que leamos os seus textos. Valoro a súa valentía e  sei que  percibiredes o impresionantes que son. Están cheos de verdade e sabedoría, escritos con lucidez e sei que van quedar nos nosos corazóns impulsándonos a vivir con dignidade e sen medo.
Os dous falan do mesmo, falan de recordar quen somos e de vivir respectándonos. Parece evidente, pero todo o que nos rodea instala en nós a inconsciencia e vivimos nunha gran mentira.
Eles falan da importancia de evolucionar, de  ser conscientes e de deixar as máscaras para acadar a liberdade.




sábado, 24 de octubre de 2015

RECEITAS DE CHUVIA E AZUCRE

Este libro de receitas é moi orixinal, serve para comer a vida a culleradas, para adozar as emocións que nos acompañan cada día e para aprender a controlalas coa imaxinación como ingrediente imprescindible. Contén receitas sobre moitos sentimentos: o cariño, o  medo, a ledicia, a empatía…...

Permitiranos reflexionar sobre como nos sentimos, coñecernos, preguntarnos sobre as nosas experiencias e evolucionar para camiñar cara á felicidade.







lunes, 5 de octubre de 2015

POESÍA DE LAURA 2º ESO D



Por que eses risos falsos que sinto? 
Por que son inferior ós demais?
Por que non son popular?
Por que todos os días chego chorando á casa?
Por que sempre hai murmurios que me fan dano?
Penso que son igual  cós demais.
Penso que son como son e que ninguén me vai cambiar.
Ás veces a xente fai que te sintas mal, pero pensas: 
Teño unha familia que me quere, teño uns amigos que me fan sentir ben...
Con esforzo acabarei derrotando todo o negativo.
Non deixarei que ninguén me produza dor .




Grazas, Laura, por escribir voluntariamente dende o comezo do curso, grazas por expresarte.