viernes, 16 de diciembre de 2016

A árbore vermella de Shaun Tan, álbum gráfico marabilloso co que imos rematar o trimestre. Deulle nome ao noso club de lectura e acompañounos sempre. Aquí temos imaxes.

jueves, 15 de septiembre de 2016

HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Imos homenaxear este trimestre a Agustín Fernández Paz, escritor extraordinario e referente intelectual na nosa terra. Nós lemos varios libros seus. O curso pasado: Valados e O único que queda é o amor.

POESÍA CRISTINA SALGADO

Quero comezar o curso coas túas palabras cheas de sabedoría e verdade. Grazas por compartir comigo e pola túa xenerosidade. Eu quero que sexan estes textos os que inicien este novo curso.

POESÍA CRISTINA SALGADO

Quero comezar o curso coas túas palabras cheas de sabedoría e verdade. Grazas por compartir comigo e pola túa xenerosidade. Eu quero que sexan estes textos os que inicien este novo curso.

domingo, 24 de abril de 2016

CLUB DE LECTURA, DESPEDIDA DE CRIS

Cris despediuse de nós, con estas palabras: “Eu non me quero despedir. Como lle vou dicir adeus ao que me dá vida? Non, non vou condenar ao recordo o meu alimento para almas. Négome a construír o esquecemento coas lembranzas que fan que o sangue se pare un intre no meu interior sen que ninguén se decate. Preciso seguir respirando a calor dos poemas, empapándome dunha canción que revoluciona calquera mente que sinta co corazón. Non podo mirar atrás e que os meus ollos se enchan de bágoas ao botar de menos os vosos. Non quero lembralo, quero vivilo. Vivirvos a vós, ás futuras promesas que pisan forte e fondo, aos que xa non están pero que seguen axitando o mundo coas súas ideas. Quero sentir o silencio do impacto cando a beleza nos colle por sorpresa, cando os aplausos marcan o ritmo do corazón. Quero escoitar e aprender do que ninguén fala, do que realmente importa, do que todos formamos. Quero preocuparme do que algúns chaman “a nada” e viaxar polo mundo coas vosas voces, esas que teñen un alento que poderían volver facer lume das cinsas. Quero querer sen necesitalo, ser libre querendo, querer ser libre e liberar a quen quero. Quero ser unha folla máis e quentarme co voso sol que busca estrelas constantemente. Quero, quero, quero… e, en resumo, quérovos.”