jueves, 19 de diciembre de 2013

A ÁRBORE VERMELLA DE LEILA

Leila ilustrou a Árbore vermella e deixounos o libro unhas semanas para que gozaramos con el. Percorreu o club de lectura e diferentes clases chegando ata 2º de bacharelato. Todos comprobamos a beleza das ilustracións e recreámonos de novo neste libro que para nós é único e moi especial.
         Aquí podemos ver as fotos.

FEDE DIFERENTE

Fede Diferente é un año. Atópase só porque é diferente aos demais años. Pero no máis fondo do su corazón intúe que ten que haber un lugar no que ser diferente sexa valorado.… Un libro cheo de tenrura que nos anima a ser nós mesmos e a atopar o noso lugar.

sábado, 2 de noviembre de 2013

TEXTOS DO OUTONO

Despois de moito traballo, creo que conseguistes escribir textos moi bonitos. Confío en vós e sei que isto é só o comezo.

lunes, 21 de octubre de 2013

MUSICAL POÉTICO, OS MISERABLES


Hoxe foi a actuación en Xinzo, a acollida resultou moi agarimosa. Valoraron moito o traballo e quedaron abraiados vendo como cantaron e a motaxe do espectáculo.
Nós sentímonos agradecidos e gozamos unha vez máis da ilusión e o compromiso co proxecto do que nos sentimos oufanos.
Podemos ver algunhas das fotos dos ensaios e da actuación.
Rematamos cantando todos A canción do pobo.


domingo, 20 de octubre de 2013

AS POESÍAS DOS COMPAÑEIROS DO CURSO PASADO (1º ESO)




Vós tamén podedes escribir os vosos poemas.

 ANIMÁDEVOS!!!

A BELEZA DO OUTONO



Temos aquí varias fotos do comezo do outono.

Esta é unha estación chea de nostalxia, morriña, beleza, sensacións...
Podemos inspirarnos nela e escribir as nosas reflexións, sensacións e emocións.
A paisaxe está chea de cores diferentes, os sons e a luz que sentimos e vemos son especiais.

Animádevos e escribide!!! Podemos ler o texto que Cristina Salgado escribiu o curso pasado.

miércoles, 9 de octubre de 2013

A CANCIÓN DO POBO (OS MISERABLES)


Texto en galego da Canción do pobo, do musical Os Miserables, baseado na novela de Víctor Hugo, unha grande novela do século XIX totalmente de actualidade.

AQUÍ está a versión de Os Miserables feita por David Rguez Rivada cos seus alumnos de 3º e 4º ESO.




AQUÍ  parte da partitura da Canción do pobo, que vai subindo pola parede do noso instituto.

lunes, 30 de septiembre de 2013

OS NOVOS TEXTOS

Quero que valoremos a valentía de Carlos e Iria por deixarnos entrar no seu universo persoal, tamén quero que lles deamos as grazas pola súa sinceridade.




EU SON...

Eu son alegre, moi sincero, teño a calidade de ser xusto, simpático e ás veces un pouco sentimental. Por desgraza son cabezudo en ocasións, obstinado, cabreadizo, orgulloso e pesado. Non obstante iso é compensado pola miña responsabilidade e a miña incapacidade de dicir mentiras. Son moi fiel cos meus amigos, e sempre estou aí para axudalos e para que conten comigo. Emociónome fácilmente coas cousas fermosas e abraiantes, pero tamén son un pouco nervioso, tanto que podo cambalearme no sofá mesmo cando vexo a tele. Teño dificultades de relación porque sempre sospeito que os meus amigos cando me toman o pelo, fano intencionadamente para fastidiarme, e por iso sempre ando un pouco solitario. Se tivese parella eu nunca a deixaría, porque significaría moito para min. 

Carlos Rodríguez Jiménez



ASÍ SON EU

Son unha persoa alegre, atenta e comprensiva. Gústame o baile e tamén a pintura, xa que levo indo a clases sete anos. Dáseme ben escribir, aínda que non o fago moi a miúdo. De pequena era bastante desordenada e algo vaga, pero cos anos fun cambiando. Eu creo que o meu peor defecto é que son moi calada, pero estou intentando cambiar.
Eu son unha persoa coma calquera outra, con virtudes e defectos que intenta cambiar e mellorar ata converterse na persoa que quere ser.

Iria Vázquez Arcos



DRAGAL

É unha novela de adolescentes e dragóns que está a ter moito éxito. É unha historia que ten detrás a historia de Galicia. Escrita por unha xornalista, Elena Gallego, para intentar que o seu fillo se animase a ler. A escritora ten que ver con Verín xa que se criou aquí.


Leremos o libro tratando de entender a historia, mergullándonos nela e traballando o léxico que non coñezamos.

Estes días que estiven lendo o libro, lembrei outro dragón ou monstro que vos ensinarei. Forma parte da novela gráfica Emigrantes, veremos como o interpretades.

viernes, 6 de septiembre de 2013

OS PEQUENOS XIGANTES (poesía de Esther Estévez)


         
 Ananos grandes nun mundo de grandes diminutos

Nun mundo onde todos din a verdade
viven ananos enormes
e ti, xigante,
quixeches fuxir de alí moito antes.
Quixeches fuxir da inocencia e dos castelos
buscando a dona “Madureza”
e mira ti por onde
que xogando ao escondite cos soños
fuches dar co peor dos pesadelos.
Inventaches a máquina do tempo,
viaxaches ao futuro no pasado,
diminuíches en lugar de medrar,
benvido ao mundo dos grandes ananos!
Aquí as ilusións non existen,
xa es adulto”, diranche;
ignóraos, pequeno,
rebélate, ri, imaxina e crea,
só así manterás vivo
o teu pequeno xigante.


Quero que comecemos o curso cunha poesía que escribiu Esther (alumna 4º ESO) e que conseguiu un premio no último certame de poesía  ''Xosé Carlos Caneiro''. Por un erro non se publicou na revista ''Faíscas'' e para min é un agasallo que textos coma este estean no noso blog. Cando lin a poesía emocioneime porque sei que é verdadeira e sinto a evolución e a madureza de Esther nela. É un exemplo que me anima a vivir esperta e a ser valente. Moitísimas grazas, Esther!!!   

















domingo, 9 de junio de 2013

A NOSA EVOLUCIÓN

Estou moi contenta coa vosa evolución e aínda que non foi fácil todos aprendemos.
Moitas grazas polas vosas palabras e o voso recoñecemento.
Moitas grazas!!!


jueves, 30 de mayo de 2013

CELANOVA TERRA DE POETAS

Ides facer unha viaxe a Celanova para posiblemente realizar o programa 'Ven a coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio' que combina as visitas a este edificio e ó Mosteiro de San Rosendo, á Virxe do Cristal e á mostra sobre os zapateiros que está en Vilanova dos Infantes,  cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova, que este año conta coa posibilidade de acceder á Torre das Campás del mosteiro.
Se non fose ese o programa, é seguro que ides visitar a Casa dos Poetas (casa de Curros) e faredes actividades que teñan que ver cos escritores da vila, Curros Enriquez e Celso Emilio Ferreiro.

Podemos escoitar Aí vén o maio de Curros cantada por  Luís Emilio Batallán.

Tamén podemos escoitar Agardarei de Celso Emilio Ferreiro cantada por Luís Emilio Batallán.


miércoles, 15 de mayo de 2013

CANCIÓNS DE LIBERDADE


Open publication - Free publishing - More cancions

Nestes tempos difíciles imos buscar refuxio na poesía. Percibimos despois da última concentración en defensa do ensino público que era necerario erguer a nosa voz. Imos facelo nas próximas convocatorias cantando verdadeiros himnos poéticos que nos farán sentir menos sós.

O himno galego Os Pinos é  un texto poético de Eduardo Pondal do poemario Queixumes dos pinos[1], concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual VeigaFoi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara a liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o pobo galego como entidade nacionalhistórica.
O nome do país non figura en ningures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "Fogar" e á "Nazón de Breogán"e aos Bardos.
Ademais do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.

LA CANCIÓN DEL PUEBLO (LOS MISERABLES - MUSICAL) - AQUÍ

lunes, 13 de mayo de 2013

CULTURAS PARA COMPARTIR, CULTURA XITANA










En titoría imos adicarlle varias sesións á cultura xitana e comprobar os prexuízos que temos así como a necesidade de cambiar.

Realizaremos traballos diversos que nos axuden a comprendernos mellor.

Aquí temos algúns vídeos que nos achegan a diversos programas para que os alumnos xitanos cambien a súa actitude respecto da aprendizaxe.

No noso centro temos a Ismael que nos mostra que se queremos todo é posible. Tamén Moisés que está no García Barbón e Joel que este ano está implicado no curso.

jueves, 9 de mayo de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO, LETRAS GALEGAS 2013


Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.
Vidal Bolaño


 

Roberto Vidal Bolaño,autor, director e actor de teatro.
Foi un extraordinario escritor e un home de teatro.
Un autor comprometido coa lingua galega que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua.

Recursos e presentacións.
Documental, Tras os pasos de Vidal Bolaño.


miércoles, 10 de abril de 2013

ÁNGELES CASO, ARTIGO MAGAZINE SOBRE EDUCACIÓN


Outra maneira de ensinartítulo do artigo publicado por Ángeles Caso no que propón un cambio en educación e que esta nos leve cara á sabedoría.
No artigo invítanos a ver un documental, Entre maestros dirixido por Pablo Usón. Narra os doce días de clase dun profesor de matemáticas, Carlos González, que utiliza un método propio.
A reflexión sobre ese método pode levarnos a pensar en novos e mellores métodos de ensino que realmente produzan aprendizaxe.

martes, 9 de abril de 2013

JOSÉ LUÍS SAMPEDRO, UN SABIO BRILLANTEMENTE LÚCIDO.

Teño na miña mente e no meu corazón as reflexións deste sabio, un home humilde que se definía a si mesmo como ''aprendiz de si mesmo e de moitas cousas máis''.
Lembrábanos que nos educan mal, sembrando na mente infantil dogmas,todo o contrario á liberdade de pensamento.Dicíanos que se educaba para que a xente sexa submisa, para que acepte e non para que pense por si mesma e logo sexa adoctrinada polos medios de comunicación. Moitas grazas a este humanista, pensador, escritor, pola súa sabedoría que me lembra que o meu obxectivo vital ten que ser a decencia.
Merece a pena escoitar esta entrevista despois de concederlle o premio das Artes.


 

Moitas grazas. Podemos atopar aquí un enlace ó blog de David moi interesante.

domingo, 10 de marzo de 2013

AS ALMAS DO FENTAL

Reflexión sobre a morte do rural.





Traballando no club de lectura A árbore vermella sobre a obra Cultivos Transxénicos, descubrimos, grazas a Manuel, profesor do IES García Barbón de Verín, esta curtametraxe que tedes enriba titulada As Almas do Fental. Trata do derradeiro día dunha aldea de Galiza. Preguntámonos: "Alguén quere atallar a morte do rural?"

















domingo, 3 de marzo de 2013

DÚAS HISTORIAS EN FORMA DE CONTO PERO QUE NOS AFECTAN A TODOS



Na  clase veremos dúas xoias gráficas que tratan o tema do respecto á diversidade, a atención ás persoas con discapacidade e a procura do seu benestar nun mundo que vai a outro ritmo.

O primeiro vídeo é a historia de Lorenzo, un neno con discapacidade que recibe o apoio de alguén especial que sabe velo, e entón o mundo deixa de serlle alleo.
O segundo vídeo é a historia dun neno autista, unha historia preciosa narrada por unha nena, transmitindo as emocións que rodean esa relación tan complexa entre dous irmáns.

A LINGUA SABE A PAN

Aquí temos un enlace ao vídeo A lingua sabe a pan.


Vídeo feito polos profesores e alumnos do CPI VIRXE DA SALETA, de CEA. Espero que vos guste . Un gran traballo que espalla dende o agarimo, a ledicia, o espírito positivo... o amor pola nosa lingua.

lunes, 25 de febrero de 2013

''BOAS NOITES, OUMA''

 Vídeo, ''Boas noites, Ouma'' de Fernando León de Aranoa.
 Aquí parte 2.
Aquí parte 3.
Aquí parte 4.
Aquí parte 5.

Forma parte de Invisibles.
Produce unha dor profunda escoitar as declaracións dos nenos e dos adultos que teñen que vivir con esas experiencias dramáticas.

lunes, 4 de febrero de 2013

A TEA, UN SÍMBOLO

4 de febrero de 2013

COMENTARIOS "A LÚA DO SENEGAL"


Open publication - Free publishing - More comentarios

"Atopeime inventando unha historia que parecia saír de min coa mesma forza coa que brota a auga dunha fonte".


Gústame porque Khoedi contaba historias dende o seu interior. A min pásame o mesmo,  ás veces síntome sen forzas para facer nada,  pero cando fago algo ben é como se a miña forza interior empezara a medrar e sinto máis alegria.
                                          
                                                      Noelia 1º ESO C

¡ANIMÁDEMOS A ESCRIBIR OS VOSOS COMENTARIOS!


jueves, 24 de enero de 2013

TEA DAS POMBAS


Open publication - Free publishing - More paz

Celebramos o Día da Paz continuando coa tea que nos deixou o noso amigo Víctor. Agora está chea de pombas. Moitas grazas a todos os que colaborastes.
Tedes moitas máis fotos AQUÍ.

miércoles, 23 de enero de 2013

O PAÍS ADORMENTADO


É un libro moi interesante de Xabier P. DoCampo. Permanece no tempo despois de levar moito tempo publicado, é un deses libros clásicos que espertan a consciencia nos lectores, moi necesario na actualidade.

NEVA E LEMOS A ROSALÍA

NEVA
NEVA e buscamos poemas para ler o xoves. Mónica,a miña amiga, regaloume un libro de poemas de Rosalía ilustrado por Fausto e editado por El Patito editorial.É o primeiro volume da colección,acolle as dúas primeiras obras de Rosalía de Castro en lingua castelá.Leremos algún poema destas obras. Aquí temos o comezo dun poema de La flor.


 Dos palomas

Dos palomas yo vi que se encontraron
cruzando los espacios
y al resbalar sus alas se tocaron... 

 Cual por magia talvez, al roce leve
las dos se estremecieron, 
y un dulce encanto, indefinible y breve,
en sus almas sintieron...






lunes, 21 de enero de 2013

A NOSA HERDANZA, COSER E LER

COSER E LER
Continuamos cosendo a tea, esa tea que é un símbolo para nós e que nos une a Víctor. Lémbranos os verdadeiros valores, aquilo que nos move e nos estimula a seguir compartindo, a ser creativos, a ser nós mesmos, a ser máis felices...
A tea segue viva, conta cunha parte herdada unida á que este curso engadimos que se iniciou cuns cachiños de tea que trouxo Víctor.

martes, 15 de enero de 2013

lunes, 14 de enero de 2013

TEATRO 1 ESO D - 2012

Teatro 1 ESO D Curso 2011-12

Obra de teatro Historia da resurrección do papagaio, representada polos alumnos do curso 1º ESO D do curso 2012-2013.