lunes, 20 de abril de 2015

Estrela do norte


A COR DO SILENCIO

¿Onde está a man dun norte,
e un misto na negra sombra?

¿Cando manda a fe nun home,
e no medo as ás de aurora?

¿Que ispe a flor do misterio?

¿Cal é a cor do silencio?

A HORTA DA CASA DOS VALADOS
                                       Me in place and the place in me
                                                           SEAMUS HENAY


Este ermo dun tempo, na ladeira dun monte
sen máis nome ca monte

Este eido coutado nos bordos de fronteiras
contra a lei das fronteiras.

O pobrísimo herdo do bisavó tan pobre
que non tivo outras terras.

A suma de valados alzados con cachotes
e paciencia de monxe.

Socalcos que aquel home cavou por vez primeira
cunha cuncha de vieira.

A bouza desermada na ladeira do monte.
¡ E tantas primaveras!
.................................................................

Do poemario Estrela do norte, de Luis Rei Núñez. Premede AQUÍ, AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario