domingo, 23 de marzo de 2014

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

A miña planta de laranxa lima,novela chea de tenrura e emotividade. É un relato conmovedor de José Mauro de Vasconcelos(Brasil).
Fainos reflexionar sobre a situación que viven moitos nenos en moitos lugares do mundo.
É unha auténtica fermosura, un libro para ler independentemente da idade que se teña. Sempre vai gustar, é imposible que non sexa así.



martes, 4 de marzo de 2014

ESCRIBEN EN 1º

A amizade

Eu sei o que é unha amizade verdadeira, non é coma outras que son de mentira.
Teño un amigo que me alegra a vida. A amizade que temos é coma unha árbore que se non a coidas e a mimas rompe. Por sorte a miña amizade é forte coma unha árbore forte. O meu amigo non é deses que din ''compréndote'', pero é de mentira, el sempre mo di de corazón.

Toño 1º B

A soidade

A soidade é unha voz sen rumbo que chama dende o silencio da miña conciencia.
A soidade é o desencontro comigo mesma. Doe, doe que sexa a soidade o único que teño. É un sentimento que teño sen buscar.
Podo facer da tristeza a miña aliada. Non lles demostro aos que me queren facer dano que estou triste.


Patricia 1º C


Saioa é a miña mellor amiga. Quéroa moito e gústanos estar xuntas.
Ás veces enfádome con ela porque é moi inocente e non é consciente da maldade da xente e do mal que lle poden facer.
Gustaríame collela e gardala nunha botella para que ninguén lle poida facer dano. Ten moi bo corazón.


Patricia 1º C

REFLEXIÓN SOBRE A SOIDADE



Tamén se está só entre os homes”

Ás veces, aínda que esteamos con moitas persoas sentímonos sós. Pode ser porque non estamos a gusto, queremos estar con outras persoas ou simplemente porque nos sentimos sós no medio de tanta xente. Ás veces, é mellor estar só, estás máis relaxado, podes pensar con máis tranquilidade, pero cando te sintes só rodeado de moitas persoas, é porque che falta algo. Normalmente non sabes o que, pero case sempre é iso. Necesitas algo, pero aínda non descubriches o que necesitas e, aínda que esteas coa xente que queres, como é a familia ou os amigos, fáltache algo. Non é bo sentirse só, pero ás veces pásanos. Eu creo que é porque estrañamos algo, a min pásame. Estou con moita xente pero ás veces sinto como se non tivera algo. Algo que necesito e non sei o que é. Pero pásame logo, e volvo estar ben.
Sentirse só é algo que fai o ser humano para pensar e reflexionar, sentirse mellor.
Non é nin bon in malo, pero eu creo que se está mellor en compañía que só.

Iria Vázquez Arcos

TEXTOS AMBIENTES