jueves, 29 de septiembre de 2011

DAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE.

Un clásico da literatura xuvenil galega.


Ramón Lamote, profesor chairego, protagoniza este libro que empeza na biblioteca dunha casa importante e pasa polas situacións máis inesperadas grazas á imaxinación do seu autor, que arrastra a quen o le.


O seu autor é Paco Martín.

Un libro intelixente para adicarlle a nosa atención. A súa lectura faranos máis sabios.






lunes, 19 de septiembre de 2011

POEMAS DA CIDADE OCULTA.









Imos ler un poema de Poemas da cidade oculta de Estevo Creus que seguro non nos deixará indiferentes.
Sempre nos gusta comenzar o curso coa poesía e este ano Estevo vai estar moi presente.


EU RELEMBRO O MEU NARIZ
apegado ós cristais da miña casa
e todos os sons rompéndome nos ollos
e todo o frío do mundo
irrompéndome na face
e todo o horror dunha balea
mentres todos dormen...


e eu alí

co nariz apegado ós cristais da miña casa

e sen acabar o postre.


domingo, 18 de septiembre de 2011

O PEIXE VERMELLO.

O peixe vermello chegou ás miñas mans como un agasallo co que imos comezar o curso. Un libro sobre libros que nos fará disfrutar e pensar.
A súa autora é Taeeun You, unha escritora e ilustradora coreana.

domingo, 11 de septiembre de 2011

ANTONIO LÓPEZ, a súa obra e personalidade.


Podemos coñecer parte da súa obra  e saber algo máis del se vemos esta reportaxe.
Muñoz Molina escribe sobre a exposición de Antonio López no Thyssen.





Podes entrar en contacto coas súas esculturas, o ser humano na súa esencia.



domingo, 28 de agosto de 2011