jueves, 27 de diciembre de 2012

miércoles, 26 de diciembre de 2012

LÚA DO SENEGAL

Agustín Fernández Paz  aborda en Lúa do Senegal o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz utiliza unha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo.
Khoedi é unha nena de once anos, ten que deixar a súa casa de Senegal para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites.



O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

O único que queda é o amor é un libro especial para min, emocioneime moitas veces léndoo, recoñecinme nel. Iso fai que sexa desas xoias que sempre te acompañan. A moitos alumnos pásalles o mesmo, por iso merece a pena compartir esta lectura.
 Podemos achegarnos a un comentario do mesmo.


Tamén nos permite achegarnos ao seu autor Agustín Fernández Paz, escritor comprometido coa literatura e coa lingua.







martes, 15 de mayo de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE



Valentín Paz Andrade,personaxe polifacético: poeta, ensaísta, activista político, empresario... resulta difícil encadrar a un home que compartiu tempo, inquedanzas e iniciativas cos máis grandes representantes da cultura galega do século XX, amigo de Isaac Díaz Pardo, os dous entendían Galicia do mesmo xeito. Uns intelectuais galeguistas que tiveron a Galicia como unha tarefa.
É marabilloso que existisen persoas tan sabias hai tempo, que tiñan as ideas claras o que contrasta coas dúbidas que aínda temos hoxe sobre múltiples aspectos: a lingua,o concepto de Galicia, o seu desenvolvemento...
Adícaselle, este ano (2012), o día das letras galegas, é necesario que reflexionemos e valoremos todas as súas aportacións.
Podemos escoitar un poema aquí.
A fundación Luís Seoane fixo unha exposición adicada a el.





domingo, 4 de marzo de 2012

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS.



Unha novela na que se fai unha homenaxe á arte, á pintura, e a Van Ghog. Escrito cun léxico coidado, lémbranos a riqueza da nosa lingua. Unha intelixente forma de coñecer a figura de Van Ghog a través dun adolescente que é enviado pola súa nai dende París a pasar unha boa tempada cunha tía na vila de Auvers.
Premendo aquí podemos ver unha presentación do libro.
Escrito por Marcos Calveiro.
Podemos ler un interesante comentario do libro e tamén aquí.
Un detalle precioso do libro, as ilustracións de Ramón Trigo.






miércoles, 22 de febrero de 2012

DESPOIS DE TI A CHUVIA . CANEIRO, EMILIO RÚA.

Poesía, música e voz un conxunto marabilloso para escoitar e cantar.Asistimos á presentación do libro-disco no teatro Principal en Ourense, un espectáculo cheo de maxia e beleza.
Poesía de Caneiro e música e voz do cantautor Emilio Rúa.

Alumnas do club de lectura no teatro.
Podemos escoitar e ver un tema aquí.

Podemos escoitar outro tema aquí.

domingo, 22 de enero de 2012

NO NIÑO NOVO DO TEMPO - CUNQUEIRO

Un poema de Álvaro Cunqueiro, dos máis coñecidos da lingua galega grazas ás adaptacións musicais que del se teñen feito. Se prememos aquí podemos escoitalo e aquí lelo.
A poesía permanece no tempo, hoxe podemos continuar disfrutando.
Na película de Pradolongo que este curso vimos no centro, escóitase este tema. Despois visitounos Rubén Riós resultando moi interesante.



martes, 17 de enero de 2012

O PRINCIPIÑO

O principiño é un libro marabilloso para persoas que queiran aprender de verdade,persoas que conservan o seu neno interior.
O seu autor é Antoine de Saint-Exupéry.
Hai que lelo de forma intelixente, está cheo de metáforas.