jueves, 27 de noviembre de 2014

O MEU LUGAR, ENRIQUE 2º B

Hai un sitio onde me gusta vivir. Alí todo é moi distinto porque a primavera é moi bonita. Os meus amigos e mais eu xogamos ao fútbol na herba fresca. As árbores sempre fan un son moi forte coma lóstregos. Dan moito medo.
Ás veces gústanos sentarnos ao lado das árbores para sentilas.


A NOSA TEA DA IGUALDADE

Iniciamos a tea no club de lectura lendo poemas dentro do proxecto de Poemas do río.O fío percorreu diferentes mans, estiveron coma sempre Laude e Lucía coa súa xenerosidade.

  No corazón da tea da igualdade as palabras conmovedoras de Rimsha, Loitadora pola liberdade:


 "Hai que estudar para ser libres na vida"



lunes, 17 de noviembre de 2014

KUMBARIKIRA





Os nenos de Santa Rita de Castilla, capital da zona de Parinari, no distrito de Loreto, en Perú, piden ó presidente do seu país que non se siga a contaminar o seu río, o Marañón, que sofre verquidos de petróleo de compañías que operan a carón del e estragan o medio ambiente nesa zona da amazonía peruana.
Este é o enlace ó blog Santa Rita de Castilla, onde se fala do verquido de petróleo nese territorio, onde vive o grupo indígena Kukama:


Este grupo indíxena ten como lingua propia o Kukama, una lingua con cada vez menos falantes.  O uso do kukama, para que non se perda, é reivindicado neste vídeo:


Queremos achegarmos ós nenos e nenas kukama e apoialos nas súas loitas (medioambiental e lingüística) Por iso imos gravar un vídeo no que, como eles, rapeamos na nosa lingua propia e ademais cantamos o estribillo en Kukama que eles empregan na súa canción (Kumbarikira).


Participa alumnado de 1º, 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato.

Como anticipo, podedes escoitar os nenos de 1º ESO A nun ensaio cantando e rapeando a súa parte, ler as  letras de todos os grupos e escoitar os alumnos de 1º Bach coa materia de música tocando o estribillo con xilófonos e metalófonos.
  
Estrofas 1º ESO A:



Xilófonos e metalófonos 1º Bacharelato:



A continuación podedes  ler información que nos mandan dende Perú;
A ESCOLA IKUARI: PARA A RECOPILACION DE MEMORIAS E A  ENSINANZA DA LINGUA KUKAMA.

Se é difícil establecer o número de persoas kukama, o grao de dificultade non diminúe ó tratar de saber cantas persoas falan kukama. Por ser un idioma minoritario en Perú e por pertencer a un grupo indíxena ten que enfrentar o estigma da discriminación. Por iso segue a ser no extenso territorio da amazonía un idioma falado en segredo, situación que a proposta comunicacional de Radio UCAMARA dende  a Escola IKUARI e o Colexio Nuestra Señora de Loreto intenta axudar a superar  principalmente no Distrito de Nauta. Nos últimos anos houbo unha revalorización importante e xa existen algúns colectivos que non teñen medo nin vergoña de falalo en público. Gran parte da memoria dos nosos pobos recupérase coa visibilización da lingua. A viabilidade do kukama dependerá en grande medida de se as novas xeracións se interesan por el.

A escola IKUARI abriuse en agosto de 2012. Realiza as súas actividades de ensino da lingua Kukama en dúas modalidades: canto e narración. As persoas que ensinan nesta escola non convencional son os propios falantes de kuakama, que tamén participan na radio con dous programas exclusivamente en lingua Kukama “Kukamakana katupi” (Os Kukama aparecen). Neles recóllense memorias sobre a  vida dos Kukama que despois son empregadas nas clases. Produto desta experiencia é o vídeoclip KUMBARIKIRA (con forte impacto a nivel nacional) e o que estamos a lanzar, UPUPURIKA

viernes, 14 de noviembre de 2014

Sesión do club de lectura: 25 Novembro - Poemas do Río

Falamos dos Poemas do Río de Cristina Corral Soilán e invitamos os nosos alumnos e alumnas a escribir os seus e a descubrir poetisas galegas (como ocorre na obra teatral de Cristina Corral). Lemos os poemas creados por Noa, de 4º ESO e os de Cristina, Laura, Omaima, Rimsha, Nohaila, Ashley  e Ana María (quen tamén compartiu conosco poemas en romanés), todas elas de 1º ESO. Ademais Román e Cristina Salgado seleccionaron os seus poemas favoritos do último libro de Carlos Negro, Penúltimas tendencias, que fala da dignidade das mulleres e fai unha crítica dos valores que transmite a sociedade.

lunes, 27 de octubre de 2014

LINGUAS EN PERIGO

Hai moitas linguas en perigo de extinción, falamos do kukama e podemos falar da lingua aymara que está morrendo. Aquí temos un enlace para comentar sobre a cantidade de linguas que están desaparecendo.

jueves, 23 de octubre de 2014

TRABALLOS SOBRE KUKAMA

Isabel mandounos estes enlaces  para que avancemos e nos animemos.

Cópiovos enlace ó blog Santa Rita de Castilla, onde se fala do verquido de petróleo nesa zona da amazonía peruana onde vive e grupo indígena Kukama:


Ó video onde os rapaces cantan en castelán e en kukama:


E achego as letras feitas ata agora, as gravacións dos ensaios de 1º ESO A, 4º ESO B e 3º ESO B e a partitura do estribillo para que os de 3º ESO B de David a toquen con láminas e os de 4º ESO B ou 4º ESO C de Rubén ( se che parece OK) a toquen con frauta.




lunes, 6 de octubre de 2014

OS POEMAS DO RÍO E EDIPO REI

Imos avanzando e un novo proxecto que xa se uniu aos Poemas do río, aquí temos un enlace para ver o traballo.




KUKAMA

A través de Cristina Corral entereime desta iniciativa de reivindicación da lingua Kukama, unha lingua indíxena na zona do Amazonas en Perú.
Esta comunidade defende a lingua e o medio natural que corre perigo.

Na titoría aprenderemos a canción que propoñen e faremos nós un rap que defenda a nosa lingua.
Faremos un vídeo e mandarémosllo identificándonos co seu proxecto.




Rap co que defenden a súa lingua.

Letra da canción:

Kumbarikira urupukira
tsa kumbari utsu ukaima
kurachi wiri tima tsa katupi
tsa kumbarikira urupukira






domingo, 5 de octubre de 2014

TONECHO DE REBORDECHAO



O autor é Breogán Riveiro; publicado na editorial Galaxia.

Este libro trata dun neno chamado Tonecho, que vivía nun lugar chamado Rebordechao, ía ao colexio, e con que mellor se levaba era con Kevin, un gordecho comellón; os dous estaban namorados da profesora. A Toneño sempre lle ocorría algunha historía como cando se metía nas casas abandonadas a cotillear e un día levou un susto, pero esa no foi a peor senón un día que foi pasear ao monte co seu can o Langrán e sempre ía ata un castiñeiro seco pero ese día a curiosidade fixo que seguise polo camiño, nun montiño máis adiante sorprendeuno unha ...

É un libro cheo de tenrura, de sensibilidade e de amor polas nosas aldeas que están abandonadas coa perda que iso supón para a nosa cultura.Tonecho descubre a vida na aldea e o valor do mundo natural.

Aquí vemos un vídeo cun comentario sobre este libro.

domingo, 28 de septiembre de 2014

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS





As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares, representada polo Centro Dramático Galego, pretende estimular a sensibilidade estética e o gusto polo teatro como creación artística, adquirindo os códigos da linguaxe teatral e desenrolando recursos para valorar as obras.
Un dos actores , Alberte Cabarcos, que representa a Elías, un personaxe, ofrécenos información : o texto, os ensaios...


domingo, 14 de septiembre de 2014

UN PASEO POLO PARQUE


Neste álbum fálase da incomunicación dos adultos fronte á proximidade dos nenos e a naturalidade.

CANDO SEXADES PEQUENOS



Marabilloso álbum de Uxue Alberdi que fala da posibilidade de medrar sen perder a inocencia, a ilusión... e de gozar da vida plenamente. Pon por diante un auténtico reto, vivir sen seguir o que está establecido.

domingo, 7 de septiembre de 2014

OS POEMAS DO RÍO DE CRISTINA CORRAL

Os poemas do río, obra de teatro escrita por Cristina, a nosa compañeira e amiga, é un canto á poesía, ao teatro e ao valor da nosa literatura e lingua.

Coñeceremos poemas de escritoras galegas( Rosalía de Castro, Filomena Dato, Francisca Herrera, María Mariño, Pura Vázquez, María Lado...) e animarémonos a facer a nosa representación.
Procuraremos escribir as nosas poesías e crear o noso bosque animado.
Queremos darlle as grazas a Cristina por todo o seu traballo, a súa ilusión e a súa xenerosidade.

Os poemas do río inspirará o noso traballo e será o fío que una as nosas iniciativas e promova a nosa creatividade.





martes, 8 de julio de 2014

AS REGRAS DO VERÁN, SHAUN TAN



As regras do verán, último libro publicado de Shaun Tan chegou ás nosas mans, con el imos iniciar o curso para que o mundo da creatividade e a arte estea con nós. Imos crear as nosas regras propias que nos leven a gozar e a aprender.

Aquí temos un enlace con comentarios do propio autor sobre o libro.



sábado, 21 de junio de 2014

LER NA CLASE



Para min o que lemos en clase é impresionante. Este ano aprendín que non só os libros de aventuras e comedias son divertidos, senón que tamén hai libros moito mellores e que sen ser de aventuras fante ver a vida doutra forma, ves a verdadeira literatura e aprendes a ser unha persoa educada e mellor. Espero aprender máis para o ano  que vén.

Luís Sobrino 1º D



viernes, 23 de mayo de 2014

PREMIO MINERVA

Parabéns para Ana María Añel, gañadora do premio Minerva de relato.
Paréceme un relato moi fermoso.

sábado, 10 de mayo de 2014

AS MULLERES, ANA RONCERO

Unha interpretación marabillosa de Ana Roncero que nos fixo gozar coas diferentes mulleres ás que lles deu vida e voz. Ninguén quería saír do salón de actos, pois Ana atrapa coa súa intensidade, xenerosidade e capacidade de transmitir. Moitísimas grazas, Ana! Aquí podemos ver fotos da súa visita e interpretación. No escenario estaban colocadas todas as mulleres que interpretou. Aquí vemos o cartel co que anunciamos a súa visita.

sábado, 3 de mayo de 2014

PANDORA, MEDEA, LAURENCIA, CELESTINA, PONCIA, ADELA E ANGÉLICA LIDDELL.

Aquí temos un enlace para ver as fotos. Unha nova sesión do club de lectura na que nos volvemos sentir ben. Aprendemos e compartimos un bo ambiente. Traballamos ''as mulleres'' que o próximo mércores vai representar Ana Roncero. Temos que valorar a presenza dos alumnos e alumnas, os que fan que unha vez máis sexan un estímulo para continuar. Pola mañá colocamos o cartel e as mulleres no corredor da biblioteca.

POESÍAS 1º ESO

jueves, 1 de mayo de 2014

martes, 29 de abril de 2014

A casa de Bernarda Alba

 A casa de Bernarda Alba é unha obra dramática de Federico García Lorca(1898-1936) que denuncia o dano das convencións sociais e que nos invita a reflexionar sobre o conflito permanente entre o instinto e a norma, a realidade e o desexo, o amor e a morte.
Ana vai representar a Poncia, a criada, e Adela, a filla máis nova.
Adela, filla máis nova de Bernarda, está marcada polos desexos de liberdade.
Poncia, criada, obrigada a someterse a Bernarda, esperta nela un profundo resentimento.
Dúas mulleres moi interesantes cheas de forza e capacidade de ver.

Aquí hai un enlace á película.

Aquí enlace a unha representación teatral.



domingo, 27 de abril de 2014

MULLERES NA LITERATURA

Estamos preparando unha nova sesión do club de lectura. Vai vir Ana Roncero, irmá de Antonia e actriz excelente, para representar mulleres (Medea, Pandora, Laurencia, Celestina, Adela, Poncia e Angélica Liddell) que forman parte de grandes obras da literatura. Mulleres importantes que se reberaron e rebelan(Angélica) en contra do establecido para buscar a liberdade.




OS PAPAVENTOS

Despois de ler Valados, fixemos papaventos como símbolos de amor, comunicación e liberdade. Todos están cheos de verdade e da esencia de cada un.
A actividade resultou interesante, colaboraron alumnos e profesores.
Aquí temos un  enlace para ver fotos dos papaventos.



jueves, 24 de abril de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O día das Letras Galegas adícase a Xosé María Díaz Castro, poeta. Aquí temos recursos para coñecelo. O seu poemario Nimbos, unha poesía auténtica. Poeta místico e coherente. "Estes non son poemas, nin cimentos de poemas siquera. Son fragmentos de min mesmo perdidos"… Aquí enlace a Penélope, poema de Nimbos (A Quenlla)

domingo, 20 de abril de 2014

domingo, 13 de abril de 2014

AS POESÍAS EN ABRIL

O poeta escolle abril

Viviremos, amor, dicindo a verba,
queimándoa, feríndoa, labrándoa
tan doce e temerosamente que ela coida, palabra abril,
que por nós vive, vivímola e só é dita: abril.

Álvaro Cunqueiro












Aquí hai algunhas fotos de abril.

sábado, 12 de abril de 2014

TEXTO DE TOÑO

Eu aprendín moitas cousas sobre todo a cambiar por dentro e por fóra. Por dentro aprendín a controlar o meu carácter e a ver que podo estudar e aprender.
Antes pensaba que non podía mellorar. Agora podo ver que traballar vai influír no meu futuro. Por fóra cambiei o estilo de facer as cousas. Agora quero facelo con interese e esforzo.
Ainda que son un pouco vago, co tempo cambiarei.
Quero ser moi boa persoa.






domingo, 23 de marzo de 2014

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

A miña planta de laranxa lima,novela chea de tenrura e emotividade. É un relato conmovedor de José Mauro de Vasconcelos(Brasil).
Fainos reflexionar sobre a situación que viven moitos nenos en moitos lugares do mundo.
É unha auténtica fermosura, un libro para ler independentemente da idade que se teña. Sempre vai gustar, é imposible que non sexa así.



martes, 4 de marzo de 2014

ESCRIBEN EN 1º

A amizade

Eu sei o que é unha amizade verdadeira, non é coma outras que son de mentira.
Teño un amigo que me alegra a vida. A amizade que temos é coma unha árbore que se non a coidas e a mimas rompe. Por sorte a miña amizade é forte coma unha árbore forte. O meu amigo non é deses que din ''compréndote'', pero é de mentira, el sempre mo di de corazón.

Toño 1º B

A soidade

A soidade é unha voz sen rumbo que chama dende o silencio da miña conciencia.
A soidade é o desencontro comigo mesma. Doe, doe que sexa a soidade o único que teño. É un sentimento que teño sen buscar.
Podo facer da tristeza a miña aliada. Non lles demostro aos que me queren facer dano que estou triste.


Patricia 1º C


Saioa é a miña mellor amiga. Quéroa moito e gústanos estar xuntas.
Ás veces enfádome con ela porque é moi inocente e non é consciente da maldade da xente e do mal que lle poden facer.
Gustaríame collela e gardala nunha botella para que ninguén lle poida facer dano. Ten moi bo corazón.


Patricia 1º C

REFLEXIÓN SOBRE A SOIDADE



Tamén se está só entre os homes”

Ás veces, aínda que esteamos con moitas persoas sentímonos sós. Pode ser porque non estamos a gusto, queremos estar con outras persoas ou simplemente porque nos sentimos sós no medio de tanta xente. Ás veces, é mellor estar só, estás máis relaxado, podes pensar con máis tranquilidade, pero cando te sintes só rodeado de moitas persoas, é porque che falta algo. Normalmente non sabes o que, pero case sempre é iso. Necesitas algo, pero aínda non descubriches o que necesitas e, aínda que esteas coa xente que queres, como é a familia ou os amigos, fáltache algo. Non é bo sentirse só, pero ás veces pásanos. Eu creo que é porque estrañamos algo, a min pásame. Estou con moita xente pero ás veces sinto como se non tivera algo. Algo que necesito e non sei o que é. Pero pásame logo, e volvo estar ben.
Sentirse só é algo que fai o ser humano para pensar e reflexionar, sentirse mellor.
Non é nin bon in malo, pero eu creo que se está mellor en compañía que só.

Iria Vázquez Arcos

TEXTOS AMBIENTES







martes, 25 de febrero de 2014

ROMÁN, POESÍA


É unha flor que nace na primavera,
vizosa e fermosa dá cor ao val.
É delicada coma un pano de seda
transforma as tristes bágoas
en alegres sorrisos.
É un espello que reflicte ledicia.
É unha pequena semente,
insignificante, ignorada
que se a coidas, 
convertirase nunha grande árbore.
É coma unha froita doce 
e en ocasións amarga.
É coma un boneco fermoso
diferente, delicado...






OS SENTIMENTOS 1º E 2º ESO

martes, 18 de febrero de 2014

COUSAS DE 4º ESO

Os alumnos e as alumnas de 4º ESO de Elvira fixeron un fermosísimos traballos nos que se combinaba expresión escrita e debuxo inspirados nas Cousas, de Castelao, obra e autor que estiveron descubrindo nas clases de galego.
Onte tivemos unha sesión especial do club de lectura A árbore vermella na que Hui Qi, María Romero e cristina Salgado leron os seus textos e comentaron os seus debuxos. Ademais estivemos falando de Castelao e lendo A Marquesiña.

A continuación tedes fotos da sesión de onte e tamén podedes escoitar a Andrea, de 1º Bacharelato, lendo A Marquesiña, a Hui Qui, María e Cristina lendo os seus textos e a Lara, de 2º Bacharelato, lendo o texto de Iria Prieto.





Cristina explica o proxecto Cousas de 4º ESO tras ler Cousas de Castelao.

Andrea le A Marquesiña.

Hui Qi le o seu relato.

María Romero le o seu relato.

Cristina Salgado le o seu relato.

Lara le o relato de Iria.

Parabéns a Elvira e o seu alumnado e moitísimas grazas por contribuir a que o Río de Palabras siga a fluír.

sábado, 15 de febrero de 2014

CEREZA GUINDA

Na próxima reunión do club ademais dos textos de 4º,. leremos o álbum Cereza Guinda que nos regalou Patricia despois de vivir algo moi bonito.
O libro preséntanos unha rapaza, Cereza, que ten ,coma todos nós, que enfrontarse ós seus medos e vivir.

Cereza, guinda

Cereza Sullivan vive sola con su padre, el dueño de la perrera del barrio. Cereza es una devoradora de libros, aunque no se le dan tan bien las personas. En clase se siente insignificante, hasta que encuentra a Guinda, un perro abandonado que le dará la fuerza para enfrentarse a sus miedos, aunque le ha provocado uno aún mayor: ¿vendrá algún día el dueño de Guinda a reclamarlo?

GRAZAS PATRICIA



viernes, 14 de febrero de 2014

''COUSAS'' DE 4º ESO INSPIRADAS EN CASTELAO.

Unha nova sesión do club de lectura para gozar cos traballos dos alumnos de 4º da ESO. Unha explosión de beleza e arte tanto nos textos coma nas ilustracións.
Inspirándose en Cousas de  Castelao os alumnos escribiron os seus relatos e debuxos.
Este novo traballo renovará o ''Río de Palabras'' e fará que nos manteñamos na liña da expresión da nosa creatividade.
Grazas a todos vós e a  vosa ''profe'',Elvira, pola beleza da presentación, pola calidade do traballo e a súa ilusión. 

Aquí podemos ler algún dos relatos de Castelao.


Chámanlle a “Marquesiña”
Chámanlle a Marquesiña - Cousas de CastelaoChámanlle a “Marquesiña” e os seus peíños endexamais se calzaron.
Vaí á fonte, depelica patacas e chámanlle a “Marquesiña”.
Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a “Marquesiña”.
Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre e chámanlle a “Marquesiña”.
A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.
¡E aínda lle chaman a “Marquesiña”!

miércoles, 22 de enero de 2014

Con Lucía, premiada polo seu relato "O dos ollos bonitos"

AQUÍ tedes fotografías da última sesión do club de lectura, no que escoitamos o relato "O dos ollos bonitos", co que Lucía Díaz Nicolino, de 1º Bacharelato A, gañou o primeiro premio no concurso Ciencia que conta. Parabéns!!!!!!!

Tamén podedes escoitar unha charla que tivemos con Lucía o pasado mércores, 22 de xaneiro.

domingo, 12 de enero de 2014

TODOS SOMOS, MARCOS CALVEIRO

Chega este último libro de Marcos Calveiro tras a recente inclusión da súa última proposta,Palabras de auga, premio Merlín 2012 de literatura infantil, nas Listas de Honra do IBBY: un colectivo internacional de asociacións e persoas unidas polo fomento da lectura entre a mocidade e a infancia. Esa escolla confirma, quen o dubida, o excelente momento creativo do autor e a envexable saúde da nosa literatura xuvenil.
       Todos somos, nesta ocasión, ao internarse tematicamente na desaparición dunha adolescente nunha cidade galega, doadamente recoñecible como Vigo, parece virar cara ás estremas do relato policial, e elementos hai que parecen asociala ao xénero como a sólida aparición dunha investigadora chamada Lina Souto (todo un achado que ben podería dar máis de si en futuras entregas), pero aos poucos a tonalidade da novela vai mudando para afondar, por un lado, no tratamento informativo que algúns medios de comunicación adoitan realizar de sucesos deste calibre e, por outro, para esculcar no concepto de culpabilidade e nas reaccións sociais –tantas veces tinxidas de xenreira e violencia- que tantas veces se van convertendo nunha bóla de neve, sen esquecer a complicidade que se pode xerar entre persoas ben distintas en situacións límite.
         Como é común na narrativa de Calveiro,  a voz narrativa  sitúanos nun contexto, expón os feitos, dálle vida aos personaxes e as conclusións tíraas quen se achegue ao seu libro… E  todas son, ao meu ver, ben propicias para vermos como é o noso tempo.
Esta dobre recensión publicouse o 14 de setembro de 2013 nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, baixo o título de «Páxinas para provocar o desacougo».

Esperemos que vos guste!!!!


jueves, 9 de enero de 2014

O RÍO DE PALABRAS

Conseguimos facer o proxecto que dende hai tempo queriamos. Os vosos textos e ilustracións están aí percorrendo o instituto. A vosa creatividade debe ser o mellor neste novo ano. Desexo darvos as grazas pola vosa implicación.
As palabras de Cristina e Sara son as que mellor explican esta iniciativa.
Aquí podemos ver as fotos do traballo.