Os poemas do río, obra de teatro escrita por Cristina, a nosa compañeira e amiga, é un canto á poesía, ao teatro e ao valor da nosa literatura e lingua.
Coñeceremos poemas de escritoras galegas( Rosalía de Castro, Filomena Dato, Francisca Herrera, María Mariño, Pura Vázquez, María Lado...) e animarémonos a facer a nosa representación.
Procuraremos escribir as nosas poesías e crear o noso bosque animado.
Queremos darlle as grazas a Cristina por todo o seu traballo, a súa ilusión e a súa xenerosidade.
Os poemas do río inspirará o noso traballo e será o fío que una as nosas iniciativas e promova a nosa creatividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario