martes, 18 de febrero de 2014

COUSAS DE 4º ESO

Os alumnos e as alumnas de 4º ESO de Elvira fixeron un fermosísimos traballos nos que se combinaba expresión escrita e debuxo inspirados nas Cousas, de Castelao, obra e autor que estiveron descubrindo nas clases de galego.
Onte tivemos unha sesión especial do club de lectura A árbore vermella na que Hui Qi, María Romero e cristina Salgado leron os seus textos e comentaron os seus debuxos. Ademais estivemos falando de Castelao e lendo A Marquesiña.

A continuación tedes fotos da sesión de onte e tamén podedes escoitar a Andrea, de 1º Bacharelato, lendo A Marquesiña, a Hui Qui, María e Cristina lendo os seus textos e a Lara, de 2º Bacharelato, lendo o texto de Iria Prieto.





Cristina explica o proxecto Cousas de 4º ESO tras ler Cousas de Castelao.

Andrea le A Marquesiña.

Hui Qi le o seu relato.

María Romero le o seu relato.

Cristina Salgado le o seu relato.

Lara le o relato de Iria.

Parabéns a Elvira e o seu alumnado e moitísimas grazas por contribuir a que o Río de Palabras siga a fluír.

2 comentarios:

  1. O alumnado de cuarto respondeu con entusiasmo e boas dotes como puidestes comprobar á proposta de traballo.Parabéns a vós pola vosa dedicación e mimo á creación e ao traballo destes rapaces.Luxo de ÁRBORE VERMELLA.

    ResponderEliminar
  2. Que ganas de chegar mañá e ir cotillear todo ese traballo, currantas!!

    ResponderEliminar