miércoles, 26 de diciembre de 2012

LÚA DO SENEGAL

Agustín Fernández Paz  aborda en Lúa do Senegal o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz utiliza unha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo.
Khoedi é unha nena de once anos, ten que deixar a súa casa de Senegal para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites.



No hay comentarios:

Publicar un comentario