Os nenos de Santa Rita
de Castilla, capital da zona de Parinari, no distrito de Loreto, en Perú, piden
ó presidente do seu país que non se siga a contaminar o seu río, o Marañón, que
sofre verquidos de petróleo de compañías que operan a carón del e estragan o
medio ambiente nesa zona da amazonía peruana.
Este é o enlace ó blog Santa Rita de Castilla,
onde se fala do verquido de petróleo nese territorio, onde vive o grupo
indígena Kukama:
Este grupo indíxena
ten como lingua propia o Kukama, una lingua con cada vez menos falantes. O uso do kukama, para que non se perda, é
reivindicado neste vídeo:
Queremos achegarmos ós
nenos e nenas kukama e apoialos nas súas loitas (medioambiental e lingüística)
Por iso imos gravar un vídeo no que, como eles, rapeamos na nosa lingua propia
e ademais cantamos o estribillo en Kukama que eles empregan na súa canción (Kumbarikira).
Participa alumnado de
1º, 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato.
Como anticipo, podedes
escoitar os nenos de 1º ESO A nun ensaio cantando e rapeando a súa parte, ler
as letras de todos os grupos e escoitar
os alumnos de 1º Bach coa materia de música tocando o estribillo con xilófonos
e metalófonos.
Estrofas 1º ESO A:
Xilófonos e metalófonos 1º Bacharelato:
A continuación podedes ler información que nos mandan dende Perú;
A ESCOLA IKUARI: PARA
A RECOPILACION DE MEMORIAS E A ENSINANZA
DA LINGUA KUKAMA.
Se é difícil establecer o número de persoas kukama, o
grao de dificultade non diminúe ó tratar de saber cantas persoas falan kukama.
Por ser un idioma minoritario en Perú e por pertencer a un grupo indíxena ten
que enfrentar o estigma da discriminación. Por iso segue a ser no extenso
territorio da amazonía un idioma falado en segredo, situación que a proposta
comunicacional de Radio UCAMARA dende a Escola IKUARI e o Colexio
Nuestra Señora de Loreto intenta axudar a superar principalmente no
Distrito de Nauta. Nos últimos anos houbo unha revalorización importante e xa
existen algúns colectivos que non teñen medo nin vergoña de falalo en público.
Gran parte da memoria dos nosos pobos recupérase coa visibilización da lingua.
A viabilidade do kukama dependerá en grande medida de se as novas xeracións se
interesan por el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario