Valentín Paz Andrade,
personaxe polifacético: poeta, ensaísta, activista político, empresario... resulta difícil encadrar a un home que compartiu tempo, inquedanzas e iniciativas cos máis grandes representantes da cultura galega do século XX, amigo de
Isaac Díaz Pardo, os dous entendían Galicia do mesmo xeito. Uns intelectuais galeguistas que tiveron a Galicia como unha tarefa.
É marabilloso que existisen persoas tan sabias hai tempo, que tiñan as ideas claras o que contrasta coas dúbidas que aínda temos hoxe sobre múltiples aspectos: a lingua,o concepto de Galicia, o seu desenvolvemento...
Adícaselle, este ano (2012), o
día das letras galegas, é necesario que reflexionemos e valoremos todas as súas aportacións.
Podemos escoitar
un poema aquí.
A fundación Luís Seoane fixo
unha exposición adicada a el.