EU
SON...
Eu
son alegre, moi sincero, teño a calidade de ser xusto, simpático e
ás veces un pouco sentimental. Por desgraza son cabezudo en
ocasións, obstinado, cabreadizo, orgulloso e pesado. Non obstante
iso é compensado pola miña responsabilidade e a miña incapacidade
de dicir mentiras. Son moi fiel cos meus amigos, e sempre estou aí
para axudalos e para que conten comigo. Emociónome fácilmente coas
cousas fermosas e abraiantes, pero tamén son un pouco nervioso,
tanto que podo cambalearme no sofá mesmo cando vexo a tele. Teño
dificultades de relación porque sempre sospeito que os meus amigos
cando me toman o pelo, fano intencionadamente para fastidiarme, e por
iso sempre ando un pouco solitario. Se tivese parella eu nunca a
deixaría, porque significaría moito para min.
Carlos
Rodríguez Jiménez
ASÍ
SON EU
Son
unha persoa alegre, atenta e comprensiva.
Gústame o baile e tamén a pintura, xa que levo indo a clases sete
anos. Dáseme ben escribir, aínda que non o fago moi a miúdo. De
pequena era bastante desordenada e algo vaga, pero cos anos fun
cambiando. Eu creo que o meu peor defecto é que son moi calada, pero
estou intentando cambiar.
Eu
son unha persoa coma calquera outra, con virtudes e defectos que
intenta cambiar e mellorar ata converterse na persoa que quere ser.
Iria
Vázquez Arcos
No hay comentarios:
Publicar un comentario